O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 186 do 26/09/2024. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 10/12/2024, inclusive, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.
Máis información en "Ler máis".
Noticias
|
Xov, 05/12/2024 |
|
|
|
|
|
Mér, 27/11/2024 |
|
|
|
|
|
Xov, 21/11/2024 |
|
O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII. Máis información en "Ler máis". |
|
|
|
Lun, 18/11/2024 |
|
O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €. Máis información en "Ler máis" |
|
|
|
Xov, 14/11/2024 |
|
O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores. Máis información en "Ler máis". |
|
|
|
Mar, 22/10/2024 |
|
O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son: |
|
|
|
Mér, 09/10/2024 |
|
|
|
|
|
Ven, 20/09/2024 |
|
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 372/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 coa ffinalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior tras a crise da COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo. |
|
|
|
Ven, 20/09/2024 |
|
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 371/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2024-2025 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2024. |
|
|
|
Mér, 11/09/2024 |
|
Presentamos as Actividades Municipais para este curso 2024/25. O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN, para ver se formamos os grupos é necesario cumprir con este prazo. Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 30 de setembro 2024 e durararán ata o 30 de maio do 2025. Avisaremos solo se algunha actividade que NON se realiza. Clica en LER MÁÍS para ampliar información. MÓVETE CO CONCELLO DE MESÍA! |
|
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- seguinte ›
- última »









