Noticias

Lun, 08/06/2026

 

O  Concello de Mesía publica a VALORACIÓN TOTAL DEFINITIVA do proceso de selección do alumnado-traballador para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 04/06/2026



O  Concello de Mesía publica a VALORACIÓN TOTAL DEFINITIVA do proceso de selección dos postos de funcionarios/as interinos/as por proxecto do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 03/06/2026


O Concello de Mesía publica os resultados da VALORACIÓN TOTAL PROVISIONAL do proceso de selección do alumnado - traballador para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII realizada polo Tribunal Cualificador.

 Máis información en "Ler máis".

Mar, 02/06/2026



O  Concello de Mesía publica a VALORACIÓN ENTREVISTA do proceso de selección do alumnado - traballador para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 01/06/2026

 

O  Concello de Mesía publica a VALORACIÓN DE MERITOS E FASE CONCURSO do proceso de selección dos postos de funcionarios/as interinos/as por proxecto do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII aprobada no día de hoxe,

Máis información en "Ler máis".

Lun, 25/05/2026


O  Concello de Mesía publica a LISTA DEFINITIVA de admitidos-excluídos do proceso de selección dos postos de funcionarios/as interinos/as por proxecto do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII aprobada hoxe así como a convocatoria da celebración da PROBA ESCRITA que será o día 29/05/2026.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 20/05/2026

 

O  Concello de Mesía publica a lista provisional de admitidos-excluídos do proceso de selección dos postos de funcionarios/as interinos/as por proxecto do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII aprobada hoxe.

Máis información en "Ler máis".

 

Mér, 13/05/2026

O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do proceso de selección de persoal e de alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII aprobadas hoxe.

O prazo de presentación da solicitude ao proceso selectivo de persoal (director/as, mestres, titor/a e administrativo/a) para o Obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII é de 3 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio na Sede Electrónica do Concello de Ordes. Este prazo é dende o 14/05/2026 ata o 18/05/2026, inclusive, a través da Sede electrónica do Concello de Ordes ou presencial no Rexistro xeral.

A seleción do alumnado-traballador realizarase a través da Oficina de Emprego de Ordes.

Máis información en "Ler máis".

 

Ven, 08/05/2026

A programación das "Letras Galegas 2026" comezará coa presentación do libro “Catálogo do cantar de cego galego volume 1. Voandeiras. Crónica e descrición de persoas, músicas e cantadelas”, de Baldomero Iglesias; unha obra centrada na recuperación e divulgación da tradición oral galega.

Os centros educativos do concello tamén participarán activamente nesta celebración con distintas actuacións culturais:
- Inventi Teatro representará “As palabras perdidas” no CPI de Xanceda.
- Cris de Caldas levará o espectáculo “Pan de Broa” ás escolas unitarias de Visantoña e Olas.
Ademais, tamén ofrecerá unha sesión especial en formato de 0 a 3 anos no PAI Os Camiños.

Entre as actividades destaca tamén o concurso “Mesía con Begoña nas Ondas”, unha iniciativa que quere achegar a figura de Begoña Caamaño á veciñanza a través da creación audiovisual.

As persoas participantes deberán gravar un pequeno vídeo de entre 3 e 4 minutos no que conten algún aspecto da vida ou da obra da autora, coma se fosen xornalistas. Tamén poderá incluírse a lectura dun fragmento dun texto da escritora.

Os vídeos deberán enviarse ao correo casadacultura@concellodemesia.gal  ata o día 27 de maio.

Entre todas as propostas estableceranse categorías segundo as idades e repartiranse 4 vales de 50 euros para gastar nunha libraría.

Dende o Concello anímase á participación nesta programación das Letras Galegas 2026, unha oportunidade para seguir reivindicando a nosa lingua e coñecer máis de preto o legado de Begoña Caamaño.

Máis información en "Ler máis".
 

Ven, 24/04/2026


O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción e/ou xardinería, de tres meses máis.


As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
- EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.


Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 6 DE MAIO DE 2026, inclusive.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citaprevia/  

Máis información en "Ler máis".

Páxinas