Noticias

Dom, 28/12/2025
Entrega doazón MESIA CONTRA O CANCRO 2025

O XIV Torneo de fútbol sala MESÍA CONTRA O CÁNCRO organizado o 27 de decembro polo Concello de Mesía e ca aportación de particulares, das empresas colaboradoras e dos patrocinios do Grupo Ramon García, de Erimsa y de Campo SL; conseguiron facer unha doazón a favor da AECC de 2.852 €

Nova do evento en LA VOZ DE GALICIA.

Dende o Concello agradecemos a participación e solidariedade de particulares, empresas, asociacións, patrocinadores e equipos que participaron neste evento deportivo.

Dom, 21/12/2025


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2025" financiou:
1. A realización de dúas obras:
Aglomerado da AC-223 (Visantoña) a Soutelo (Olas), cun importe de 319.757,30 €,  aportando o concello un total de 4.315,67 €,
Mellora viario en Zamón e outro, cun importe total de 96.956,65 €. 
2. Os gastos correntes por un importe total de 209.207,29 €.
3. Os gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2025, cun importe de 64.943,87 €.
4.  A realización de tres obras ao abeiro do POS+Adicional 2/2025:
Mellora de viario nas Calles, cun importe total de 113.737,05 €,
Senda no lugar de Albixoi, cun importe total de 67.868,73 €,
Ensanche do viario da N-634 á A Igrexa (Albixoi), cun importe total de 41.084,13 €.
5. Os gastos correntes ao abeiro do POS+Adicional 3/2025 por un importe total de 111.332,34 €.

Máis información en "Ler máis".

Sáb, 13/12/2025
Participantes no VII TORNEO "MESIA SOLIDARIA" 2025

No VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA" deste ano xogaron preto dos 100 participantes, en 10 equipos que sumados as 280 persoas do público contribuiron na tarde do 12 de decembro a una gran recollida de donativos a favor da Asociación AMARAI de Boimorto (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide).

Agradecemos dende a organización do Concello de Mesía a masiva participación e solidariedade da veciñanza e das persoas ligadas aos equipos que se achegaron.

Mar, 09/12/2025

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2025 cunha axuda de 7.000,000 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 09/12/2025
VII TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIA

Xa está todo listo para a primeira cita deportivo solidaria deste Nadal 2025. Dez equipos xogarán o venres 12 de decembro un torneo de fútbol sala en categorías benxamín, alevín e infantil co fin de recadar cartos a favor da ASOCIACIÓN AMARAI.

Animamos a asistencia de público por esta causa, xa que poderán aportar DONATIVOS na mesa de AMARAI e tamén MERCAR MANUALIDADES realizadas por eles.

As entidades deportivas participantes serán o F.C. VISANTOÑA, a E.D. BOIMORTO e o Jogafán ORDES. E tamén a propia AMARAI traerá un equipo.

Dende as 16:45h. xogaremos cun sistema de liga de 3 equipos en cada categoría.

Mar, 02/12/2025

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2025 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2025 cunha subvención total de 96.000,00 €.  

Máis información en "Ler máis".

Mér, 26/11/2025
TORNEOS SOLIDARIOS CONCELLO DE MESÍA 2025

O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria:

  •    VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA"  será o venres día 12 de decembro
  •    XIV TORNEO 'MESÍA CONTRA O CANCRO' será o sábado 27 de decembro de 2025.

Ver a información dos Torneos:

Xov, 20/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 10.584,00 € para actuacións de reciclaxe en orixe de biorresiduos (compostaxe) (Liña 2. Procedemento MT975T)

Xov, 20/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 3.645,00 € para actuacións de recollida separada de residuos textiles (Liña 4. Procedemento MT975T).

Mar, 18/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 3.780,00 € para actuacións de recollida separada de aceite de cociña usado (Liña 3. Procedemento MT975T).

Páxinas