Temos programadas actividades diversas para todas as idades: campamento de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, formación dixital, saídas a praia ao aquapark, multiaventura e de sendeirismo. Gozaremos de actuacións variadas e dos eventos deportivos III Andaina Popular e Torneo de fútbol interparroquial, e como non, a festa da auga.
Adxuntamos a Folla de inscrición imprescindible para anotarse.









