Noticias

Xov, 21/12/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas  polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 20/12/2023
XIII TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2023

Publicamos xa os cadros de competición, asi coma o cartel do Torneo contra o cáncro onde figuran os patrocinadores: Carpintería Ramón García, Erimsa, Campo SL. Así coma empresas e asociacións colaboradoras.

No Torneo infantil teremos 10 equipos, que xogarán na tarde do venres 22 de 15h a 20h, e no senior 9 equipos que xogarán o sábado 23 de 11:00h  a 19:30h.

Animamos ó público a acudir ao Pavillón de Olas para apoiar nestas causas solidarias co coste da entrada 2 € e compra voluntaria de rifas, a favor da AECC e AMARAI.

As furnas atoparanse xa o día 22 nesta instalación.

Mér, 20/12/2023
CONCILIA XOVE - Concello de Mesía

Actividade dirixida a  rapazes/as de 14 a 16 anos.

Trátase de pasar unhas vacacións facendo actividades novidosas á vez que interesantes, e nas que exploraredes: a vosa creatividade, o sentido do ritmo, e enfrentedes a posibilidade de defendervos  dos pequenos riscos do día a día.

As actividades propostas son: Baile moderno, grafiti, primeiros auxilios e defensa persoal.

Lugar : Brañas da Valga de Visantoña.

Días: 2, 3 e 4 de xaneiro.

Prezo: 10€, as tres actividades.

Inscrición: ata o 27 de decembro. Mandar un  correo a casadacultura@concellodemesia.gal coa folla de inscrición adxuntada nesta nova. (en ler máis)

Mér, 20/12/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 19/12/2023

O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria.

Máis informacion en "Ler máis".

Mér, 13/12/2023

O Concello de Mesía informa que está aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2024.

Para participar no programa nas quendas dos meses de febreiro a agosto do ano 2024, as solicitudes presentaranse ata o 10 de xaneiro de 2024 e para participar no programa nas quendas dos meses de setembro a decembro do ano 2024, as solicitudes presentaranse ata o 15 de maio de 2024.


Máis información en "Ler máis" ou chamando ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía ao 981687238.

Mér, 13/12/2023

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 190 do 04/10/2023. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 15/12/2023, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.
 

Máis información "Ler máis".

Mér, 06/12/2023
PROGRAMACIÓN DE NADAL 2023 CONCELLO DE MESÍA

O Concello de Mesía presenta a súa programación para o Nadal 2023-2024, con múltiples propostas pensadas para todos os sectores de idade.

É obrigatorio anotarse a todas as actividades para estimar asistencias, ainda que sexan gratuítas, chamando por teléfono á Casa da Cultura: 981 687241.

Consultade informacións actualizadas na páxina  www.concellodemesia.gal ou no facebook ConcellodeMesía.

As principais actividades son:

Mar, 05/12/2023
TORNEOS SOLIDARIOS Concello de Mesía

O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria no Pavillón de Olas. VI Torneo Infantil de Fútbol Sala 'Mesía Solidaria' e o XIII 'Mesía contra o cancro'.

Sáb, 02/12/2023
CONCILIA NO NADAL Concello de Mesía 2023

Ofertamos o campamento de conciliación de nadal para nenos/as dende 3 ata 12 anos (escolarizados ata 1º ESO).

Prazas: Limitadas. Ocuparanse por rigorosa  orde de inscrición.  Do 4 ata o 18 de decembro. Cubrir a FICHA INSCRICIÓN adxunta nesta Nova, e mandala por correo electrónico casadacultura@concellodemesia.gal

Datas:   Do 22 de decembro a 5 de xaneiro.

Horario:    08:30 a 09:30h. Aula concilia.

                09:30 a 14:00 h. Campamento.

Prezo: 10€.

Caract. actividade: As actividades terán lugar na Casa da Cultura e no CPI de Xanceda. Faranse obradoiros culturais, cociña, xogos nadal, bailes, disfraces, contacontos, etc.

Páxinas