Este evento organizase como novidade para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular.
PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 19 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.)
A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 4-5 kms as 10:30h arredor de Bruma. Tras a chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira no hórreo de Casa Graña, colaborador principal desta 1ª edición.
Precisamente o escenario deste evento deportivo será a Explanada de Casa Graña; onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 € (de 13 anos en adiante) e de 10€ (7-12 anos).









