O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII.
Máis información en "Ler máis".
|
Xov, 21/11/2024 |
|
O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII. Máis información en "Ler máis". |
|
|
|
Lun, 18/11/2024 |
|
O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €. Máis información en "Ler máis" |
|
|
|
Xov, 14/11/2024 |
|
O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores. Máis información en "Ler máis". |
|
|
|
Mar, 22/10/2024 |
|
O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son: |
|
|
|
Mér, 09/10/2024 |
|
|
|
|
|
Ven, 20/09/2024 |
|
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 372/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 coa ffinalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior tras a crise da COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo. |
|
|
|
Ven, 20/09/2024 |
|
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 371/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2024-2025 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2024. |
|
|
|
Mér, 11/09/2024 |
|
Presentamos as Actividades Municipais para este curso 2024/25. O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN, para ver se formamos os grupos é necesario cumprir con este prazo. Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 30 de setembro 2024 e durararán ata o 30 de maio do 2025. Avisaremos solo se algunha actividade que NON se realiza. Clica en LER MÁÍS para ampliar información. MÓVETE CO CONCELLO DE MESÍA! |
|
|
|
Dom, 21/07/2024 |
|
Torneo de fútbol 7 interparroquial 2024 que se xogará no Campo municipal de Visantoña o 28 de xullo pola mañan. Trátase dunha COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE ADULTOS: Máis de 16 anos. Xogarase sistema liga. Os 2 mellores puntuados gañan un Trofeo. INSCRICIÓN ATA O 24 DE XULLO DOS EQUIPOS por parroquias co cadro de equipos (clicando el LER MAIS). Máximo 2 comunitarios (xente que non sexa da parroquia). Enviar o cadro de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ou por wasap no 609353115. Publicación do cadro de competición o xoves 25 de xullo. |
|
|
|
Ven, 12/07/2024 |
|
Imos ca segunda edición da ANDAINA POPULAR que xurdiu para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular. PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 17 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.) AO CUBRIR E ENVIAR, QUEDAREDES AUTOMÁTICAMENTE INSCRITOS/AS DE FORMA INDIVIDUAL: RECIBIREDES UN MAIL PARA COMPROBAR QUE OS DATOS ENVIADOS SON OS CORRECTOS. A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 6 kms e outra simultabea de nenos/as as 11:00h arredor de Cabrui. Tras a súa chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira na Taberna de Cabrui, colaborador desta 2ª edición. Acudiremos a Praza de Cabrui onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 €. |
|
|