Noticias

Dom, 21/07/2024
TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL 7 DO CONCELLO DE MESIA

Torneo de fútbol 7 interparroquial 2024 que se xogará no Campo municipal de Visantoña o 28 de xullo pola mañan.

Trátase dunha COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE ADULTOS: Máis de 16 anos. Xogarase sistema liga. Os 2 mellores puntuados gañan un Trofeo.

INSCRICIÓN  ATA  O  24  DE  XULLO  DOS  EQUIPOS por parroquias co cadro de equipos (clicando el LER MAIS).

Máximo 2 comunitarios (xente que non sexa da parroquia).

Enviar o cadro de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ou por wasap no 609353115.

Publicación do cadro de competición o xoves  25 de xullo.

Ven, 12/07/2024
ANDAINA POPULAR Concello de Mesia 2024

Imos ca segunda edición da ANDAINA POPULAR  que xurdiu para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular.

PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 17 DE XULLO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.)

AO CUBRIR E ENVIAR, QUEDAREDES AUTOMÁTICAMENTE INSCRITOS/AS DE FORMA INDIVIDUAL: RECIBIREDES UN MAIL PARA COMPROBAR QUE OS DATOS ENVIADOS SON OS CORRECTOS.

A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 6 kms e outra simultabea de nenos/as as 11:00h arredor de Cabrui. Tras a súa chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de sábado a beira na Taberna de Cabrui, colaborador desta 2ª edición.

Acudiremos a Praza de Cabrui onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...o xantar cun menú de 20 €.

Xov, 04/07/2024

O Concello de Mesía no día de hoxe, 04/07/20204, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2024-2025.

Ábrese un prazo dende o día 8 ata o 19 de xullo do actual, ambos os dous inclusives, para a aceptación da praza e realización da matrícula para o curso 2024/2025 no Rexistro xeral do concello.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001

Lun, 24/06/2024
SAÍDA DE SENDEIRISMO: DE SOESTO A CAMELLE POLA COSTA - Concello de Mesía

O domingo 30 DE XUÑO faremos a terceira saída de Sendeirismo do ano: PRAIA SOESTO - CAMELLE POLA COSTA

Saída: Praza de Xanceda ás 08:30 h., regreso tras comida pola zona. (sobre 19h de volta).

Ruta Dificultade media: pola COSTA 10 KMS.

Prezo: 15 € BUS. Comida 25 €. Hai opción de levar bocata. Avisar ao inscribirse no 609353115 por teléfono ou por wasap no Grupo de Sendeirismo do Concello 609353115. 

Mínimo de inscritos 20.

Mér, 19/06/2024

Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023- 2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Consellería de Medio Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "CAMIÑO MUNICIPAL ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE BASCOI (CABRUI)", para a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Mar, 11/06/2024
CALENDARIO  ACTIVIDADES DE VERÁN 2024

Temos programadas actividades diversas para todas as idades: campamento de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, saídas a praia ao aquapark e de sendeirismo, actuacións, II Andaina Popular, tamén teremos Torneo de F7 interparroquial, e a festa da auga.

Adxuntamos a Folla de inscrición imprescindible para anotarse.

Contactos no concello 981 687 001 ext. 3. Servizos sociais para a praia: 981 687 238.

Ven, 07/06/2024


Un ano máis dende o Concello de Mesía ofertamos o Campamento de Conciliación para nenos/as escolarizados dende 3 a12 anos, con dous obxectivos: que os pais e nais poidan conciliar e que a cativada o pase xenial nas vacacións de verán.

A programación irá dende xogos, piscina, obradoiros, saídas... Todos os días serán diferentes pero igual de divertidos.

Tede en conta que o prazo de inscrición comeza o 14 e remata o 20 de xuño, as prazas son limitadas e terán preferencia os/as empadronados/as.

Podedes inscribirvos de xeito presencial na Casa da Cultura, online enviando a folla de inscrición ao email casadacultura@concellodemesia.gal ou a través do enlace  https://forms.gle/Pf4VRCzQSGrVdaA87

Máis información chamando ao 699 453 750.

Lun, 27/05/2024

O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C04-2024.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 29/05/2023 ás 23.59 horas. 

Máis información no Perfil de Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público/Alcaldía del Ayuntamiento de Mesía/Licitaciones/C02E-2023 ou chamando ao concello ao 981687001.

Sáb, 25/05/2024

Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia

O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Camiño en Mata-Xanceda da AC-524 a AC-223 e outro", co fin de continuas cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Ven, 10/05/2024

O Concello de Mesía publica os relatos gañadores do Concurso "Contamos Delas" organizado polo concello co motivo do Día Internacional da Muller.

Enhoraboa a todos/as os/as gañadores/as!

Poden ler os relatos en "Ler máis".

Páxinas