O CONCELLO DE MESÍA DIFUNDE VARIAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA REHABILITAR VIVENDAS E PARA O EMPREGO

Mar, 01/07/2014

O Concello de Mesía divulga diversas convocatorias de axudas autonómicas para a rehabilitación e mellora de vivendas e para a promoción do emprego. Son as que se detallan de seguido, cos correspondentes enlaces ás ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia:

- ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN316A).
Prazo de solicitude ata o 31.07.2014 ao cando se esgoten os fondos económicos consignados.

- ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN423B).
Prazo de solicitude ata o 31.07.2014 ao cando se esgoten os fondos económicos consignados.

- ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN314A).
Prazo de solicitude ata o 31.07.2014 ao cando se esgoten os fondos económicos consignados.

- ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Prazo de solicitude: en xeral o 30.09.2014 ou dous meses despois da alta na Seguridade Social.

- ORDE do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo de xóvenes menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Prazo de solicitude: 30.09.2014.

- ORDE do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Prazo de solicitude: 30.09.2014.