O TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL DO CONCELLO DE MESÍA DISPUTARASE O 31 DE AGOSTO EN VISANTOÑA
Mar, 22/07/2014
O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía celebrarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña.
Os equipos que desexen inscribirse teñen de prazo ata o 27 de agosto, a través do correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es. Cada conxunto poderá estar composto dun máximo de quince xogadores, cun máximo de tres persoas que non sexan da parroquia.
O torneo estará dividido en tres categorías. A categoría base, de fútbol 8, comezará a xogarse ás dez da mañá, para xogadores de once a quince anos, que deberán presentar DNI ou documento acreditativo da idade. A categoría mini, de fútbol 5, xogarase a partir do mediodía, para xogadores de cinco a dez anos. E a partir das tres da tarde, comezará a competición da categoría de adultos, de fútbol 11, para futbolistas de dezaseis anos en diante, que deberán presentar DNI ou documento acreditativo.
O Torneo entregará trofeo ao equipo campión na categoría de adultos e medallas nas outras dúas categorías. En todos os partidos, Coca-Cola, como patrocinadora deste evento deportivo, ofrecerá bebidas para todos os xogadores.
O cadro de competición sortearase o xoves 28 de agosto, ás 8:30 horas na Casa do Concello de Mesía. Será publicado nesta páxina web oficial.