O VIII TORNEO DE TENIS DO CONCELLO DE MESÍA RECOLLE INSCRICIÓNS ATA O VENRES 1 DE AGOSTO
Lun, 14/07/2014
O Concello de Mesía convoca a oitava edición do seu Torneo de Tenis, patrocinado por Coca-Cola. Todas as persoas interesadas en participar nesta competición poderán inscribirse ata o venres 1 de agosto, mediante un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es cos seus datos e a categoría na que queren xogar: masculina, feminina e dobres (mixta ou non).
Ese mesmo día, o 1 de agosto, sortearase o cadro de competición, que será publicado o 4 luns de agosto nesta páxina web oficial do Concello. A primeira rolda do campionato terá que desenvolverse entre o 5 e o 12 de agosto e a segunda rolda será entre o 13 e o 19 de agosto. As semifinais disputaranse entre o 20 e o 27 de agosto. E a data das finais estableceuse o 30 de agosto.
Os horarios dos encontros nas fases iniciais serán acorados entre os rivais e deberán axustarse ao prazo de cada rolda. O Concello ofreceralle os datos de contacto aos distintos rivais para que acorden a hora do seu encontro. O sistema de competición é por eliminación automática ao mellor de dous sets. Tanto as eliminatorias como as semifinais xogaranse con autoarbitraxe. As finais contarán con árbitro.
O torneo disputarase nas pistas de tenis do complexo deportivo da Mata (Xanceda), nas que os seus partidos terán preferencia de uso. Entragaranse trofeos aos gañadores e gañadoras de cada categoría. Coca-Cola, como marca patrocinadora, ofrece bebidas en todos os partidos da competición.