OBRADOIRO DE EMPREGO "MANCOMUNIDADE ORDES III"

Ven, 20/10/2023

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Provincial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de A Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Mancomunidade de Ordes III" do que Mesía forma parte.

As especialidades que se van a impartir son:
1) PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCION (EOCB0311). NIVEL 2.
2) MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA (MAMR0108). NIVEL 2.

O programa terá unha duración de 12 meses.

O dito obradoiro está dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, que cumpran os requisitos de acceso para os certificados de nivel 2.

solicitude de participación pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes antes do 25 de outubro do actual.

Máis información chamando á Mancomunidade de Ordes ou á Oficina de Emprego de Ordes.