PRETO DE CEN VECIÑOS PARTICIPAN NA XUNTANZA DE NADAL ORGANIZADA POLO CONCELLO DE MESÍA EN MALPICA

Dom, 21/12/2014

A Xuntanza do Nadal organizada polo Concello de Mesía contou hoxe coa participación de preto de cen veciños e veciñas. A celebración tivo lugar no Restaurante Aldeola, en Malpica. Tras un xantar con receitas propias das festas que están a punto de comezar, houbo tempo para o baile, a conversa e a diversión. Cada persoa que participou nesta actividade pagou 25 euros.

 

Galería de imaxes: