Noticias

Mar, 09/12/2025

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2025 cunha axuda de 7.000,000 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 09/12/2025
VII TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIA

Xa está todo listo para a primeira cita deportivo solidaria deste Nadal 2025. Dez equipos xogarán o venres 12 de decembro un torneo de fútbol sala en categorías benxamín, alevín e infantil co fin de recadar cartos a favor da ASOCIACIÓN AMARAI.

Animamos a asistencia de público por esta causa, xa que poderán aportar DONATIVOS na mesa de AMARAI e tamén MERCAR MANUALIDADES realizadas por eles.

As entidades deportivas participantes serán o F.C. VISANTOÑA, a E.D. BOIMORTO e o Jogafán ORDES. E tamén a propia AMARAI traerá un equipo.

Dende as 16:45h. xogaremos cun sistema de liga de 3 equipos en cada categoría.

Mar, 02/12/2025

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2025 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2025 cunha subvención total de 96.000,00 €.  

Máis información en "Ler máis".

Mér, 26/11/2025
TORNEOS SOLIDARIOS CONCELLO DE MESÍA 2025

O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria:

  •    VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA"  será o venres día 12 de decembro
  •    XIV TORNEO 'MESÍA CONTRA O CANCRO' será o sábado 27 de decembro de 2025.

Ver a información dos Torneos:

Xov, 20/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 10.584,00 € para actuacións de reciclaxe en orixe de biorresiduos (compostaxe) (Liña 2. Procedemento MT975T)

Xov, 20/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 3.645,00 € para actuacións de recollida separada de residuos textiles (Liña 4. Procedemento MT975T).

Mar, 18/11/2025

O Concello de Mesía resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A axuda concedida foi de 3.780,00 € para actuacións de recollida separada de aceite de cociña usado (Liña 3. Procedemento MT975T).

Mar, 18/11/2025

O Concello de Mesía informa de que a Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de convocar as seguintes axudas PEL 2026 cuias bases foron publicadas no BOP núm. 216 do 11/11/2025:

> PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Subvencións á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial dos concellos da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

> PEL-AUTÓNOMOS/AS: Subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas en concellos de menos de 10.000 habitantes.

> PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Subvencións á contratación de persoal por parte de pemes, microempresas e persoas autónomas en concellos de menos de 20.000 habitantes

> PEL-PEMES MANTEMENTO: Subvencións para o mantemento das contratacións indefinidas de pemes, microempresas e autónomos/as beneficiarios/as das axudas de PEL-Pemes Creación e ampliación 2025.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de decembro de 2025 ás 14.00 horas. As solicitudes presentaranse exclusivamente de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL

Máis información en "Ler máis"

 

Mar, 18/11/2025

A Deputación Provincial da Coruña vén de publicar, no BOP núm. 214 do 07/11/2025 e no BOP núm. 215 do 10/11/2025, distintas bases de sollicitude de axudas e subvencións para o ano 2026 dirixidas a entidades sen ánimo de lucro  da provinicia (entidades culturais, veciñais e de temp libre, sociais e asistenciais, clubs deportivos, asociacións de pais e nais de centros educativos, ...) . As súas correspndentes convocatorias, nas que se sinala o prazo de solicitude, foron publicadas no BOP núm. 218 do 13/11/2025.


As solicitudes deben realizarse por vía telemática a través de plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña.


Máis información en "Ler máis"

Lun, 29/09/2025

O Concello de Mesía recibiu hoxe un vehículo que destinará aos Servizos Sociais, concretamente ao servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, e que supón unha mellora na atención social no noso municipio.

A adquisición supuxo unha inversión total de 16.088,44 €, cuantía subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña por unha axuda concedida ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para adquisicón de vehículos para os desprazamentos do persoal SAF de modalidade de libre concorrencia.

Páxinas