O Concello de Mesía informa sobre a decisión da Xunta de prohibir, desde hoxe xoves e ata novo aviso, as queimas de restos agrícolas e forestais, por mor das condicións de vento e as previsións para os vindeiros días. Quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez desde o momento da prohibición.
Noticias
|
Lun, 16/03/2015 |
|
O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades municipais para a primavera. O boletín informativo chega estes días a todos os domicilios, con propostas para os días de Semana Santa, unha nova edición do Eco-Baúl, as Letras Galegas, diversas iniciativas xuvenís, unha excursión e unha saída de sendeirismo, ademais de varias ofertas formativas. |
|
|
|
Lun, 16/03/2015 |
|
O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de subvencións para incentivar o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Son unhas axudas financiadas con fondos Feader, do ministerio e da Xunta. Pode consultar a convocatoria no DOG. |
|
|
|
Ven, 13/03/2015 |
|
|
O CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA DO CONCELLO DE MESÍA CONTINÚA NO MES DO MARZO POR PETICIÓN DO ALUMNADOVen, 27/02/2015 |
|
O curso de informática básica do Concello de Mesía continuará durante o mes de marzo por petición do alumnado. Despois das sesións impartidas en febreiro, solicitaron continuar, á vista dos progresos acadados nestas semanas e a posibilidade de profundizar neles nas vindeiras. |
|
|
|
Sáb, 14/02/2015 |
|
O Concello de Mesía celebrou hoxe a súa Festa de Entroido 2015. Acudiron numerosas persoas disfrazadas e ademais os máis pequenos puideron divertirse en atraccións como o futbolín humano, o touro mecánico, o circuíto de bicis, os xogos inchables e varios obradoiros. Imaxes na noticia ampliada, clicando en 'ler máis'. |
|
|
|
Mér, 28/01/2015 |
|
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de aprobación definitiva dos orzamentos do Concello de Mesía para 2015. O orzamento xeral municipal e o plantel de persoal foron aprobados inicialmente polo pleno da corporación na sesión celebrada o pasado 31 de decembro. Foron expostos ao público e non recibiron ningunha reclamación, o que fai que se consideren definitivamente aprobados. Máis información en 'ler máis'. |
|
|
|
Mar, 27/01/2015 |
|
Os alcaldes de Mesía e de Frades acompañaron hoxe á delegada provincial da Xunta a súa visita á parcela onde se construirá o punto limpo común para os dous municipios. A obra executarase en Céltigos, nunha zona próxima a Boado. O goberno autonómico investirá 320.000 euros neste proxecto. As obras xa foron licitadas e teñen un prazo de execución de catro meses. |
|
|
|
Mar, 27/01/2015 |
|
O Concello de Mesía informa de que desde hoxe martes 27 de xaneiro poden solicitarse as axudas do INEGA para a implantación de caldeiras de biomasa, cofinanciadas co FEADER. A convocatoria foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia e está especialmente dirixida ás vivendas do ámbito rural e á industria. Este ano introdúcese a novidade dunha dedución do 5 % na declaración da renda. Os apoios poden chegar ata o 75 % do custo do proxecto, cun tope de 200.000 euros. Máis información en 'ler máis'. |
|
|
|
Ven, 23/01/2015 |
|
O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións de Medio Rural para a incorporación de xóvenes á actividade agraria. As axudas están cofinanciadas con fondos Feader nun 75 %. O prazo de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá. |
|
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »

