Arquitectura Relixiosa

A maior parte dos templos pódense encadrar entre os séculos XVII e XIX, habendo tamén edificios de séculos anteriores como a de San Martiño de Cabrui e Sta. María de Cumbraos que datan do século XIII ou Sta. Mariña de Albixoi e a Capela de Bruma que datan do século XVI.

A tipoloxía arquitectónica repítese en case todas elas, sendo constantes unha serie de elementos tales como a planta rectangular na que se inscriben unha capela maior situada na cabeceira – de planta cadrada ou rectangular - e unha nave que se separa da ábsida por medio dun arco triunfal. Case todos os exemplos posúen unha sancristía pegada a un dos muros do presbítero, que pode ter acceso dende o interior e dende o exterior. Constitúen excepción as igrexas de San Cristovo de Mesía e a do Divino Salvador de Xanceda , con plantas de cruz grega e latina respectivamente, se ben ambas as dúas presentan sancristía pegada ao presbiterio. Outras características comúns son as estruturas de madeira como cuberta ou incluso de formigón, como é o caso de San Lourenzo de Olas, a presenza de coro elevado de madeira aos pés e o emprego de uros lucidos deixando a cantería á vista na fachada e nas esquinas de marcos e dos vans.

Na parte frontal, moi similar en todas elas, concéntrase a práctica totalidade da decoración, que adoita ter unha composición simétrica co característico sistema pentagonal, rematado na parte superior por unha cornisa a dúas augas, que se ve truncada pola espadana que a coroa. Esta sitúase nun eixo central imaxinario xunto coa porta, xeralmente rectangular a excepción da de Santiago de Bascoi, formada por un arco de medio punto de grandes doelas, e un pequeño oco. A fornela que alberga ao santo que dá nome á igrexa non aparece en ningún dos exemplos barrocos analizados no concello. No referente aos campanarios, a tipoloxía xeral é a espadana composta por un ou dous corpos, que é o lugar no que se concentra a decoración composta principalmente por pináculos.

Pola súa relevancia histórica é preciso citar a capela do Hospital de Bruma vinculada ao Camino Inglés, que segue a tipoloxía citada, aínda que impregnada de rusticidade e hoxe en día lixeiramente transformada por remodelacións recentes. Como elemento singular, sinalar a presenza dun rosetón pétreo dunha soa peza na capela de San Antonio que non aparece en ningún exemplo da zona.

No cadro seguinte pódense ver enumerados os templos e algunhas peculiaridades:

IGREXA ANO ESTILO PECULIARIDADE
S. Cristobo Mesía XVIII Barroco Planta de cruz grega
Sta. María Cumbraos XIII (orixe)    
S. Salvador Xanceda XVIII-XIX   Planta de cruz latina
S. Martiño Visantoña máis recente   Retablo de XVIII
S. Martiño Cabrui XIII (orixe)    
Sta. Marina Albixoi XVI   Retablo do XVIII de Casas Novoa que foi destruido
S. Sebastián de Castro     Sobriedade decorativa
S. Lourenzo Olas XVII (1680) Barroco  
Santiago de Boado XVIII (1770) Barroco  
Santiago de Bascoi XVII Barroco Ausencia de elementos ornamentais
S. Lourenzo Bruma   Gótico tardío  
Capela S. Antonio     Entorno de gran beleza

 

Pode conocer mais da arquitectura relixiosa do Concello de Mesia navegando polas seguintes parroquias: