A extracción da arxila que tivo lugar na zona onde se sitúa a Aula da Natureza e Centro de Interpretación de Brañas de Valga, xerou un oco no terreo que pouco a pouco se converteu nunha lagoa. A intervención humana e o proceso natural de rexeneración están convertendo o lugar nunha zona húmida de interese para a vida natural e de ocio das persoas.
No contorno da antiga barreira de extracción de arxila, sitúase o edificio onde se alberga unha mostra completa na que os visitantes poderán coñecer con detalle a historia das telleiras, proporcionándolles un coñecemento global do traballo coa arxila, que lle resultará útil para entender mellor o presente e o futuro do contorno. Nela faise un percorrido detallado desde a formación do barro e a súa extracción ata as distintas técnicas de elaboración de materiais cerámicos a través da historia.
Despois de máis de dúas décadas sen extraer barro na zona que rodea o edificio, a natureza regresa con toda a súa forza. Gran cantidade de plantas acuáticas e árbores amantes da auga viven neste espazo propiciando que moitos animais dispoñan dunhas condicións ambientais óptimas para o seu desenvolvemento.
O concello de Mesía pon á túa disposición esta Aula da Natureza para que coñezas e valores o teu contorno natural, social e cultural de forma amena e divertida.