LIÑA DE ALTA TENSIÓN LAT 132 Kv EVACUACIÓN PARQUE EÓLICO LEGRE

Xov, 11/04/2024

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación do parque eólico Legre nos concellos de Oza-Cesuras e Mesía (A Coruña) (expediente IN408A 2020/143).

Co fin de evacuar a enerxía xerada no parque eólico Legre (expediente IN408A 2020/097, en tramitación, obxecto de proxecto independente) proxéctase unha liña de alta tensión de 132 kV, de 9,11 quilómetros de lonxitude, sen incluír o van destensado de conexión á subestación PE Legre (obxecto de proxecto independente) de aproximadamente 61,71 metros.

Solicitante/Promotor: GREEN CAPITAL POWER, S.L

A documentación que se expón:

1.- O proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (setembro 2023-visado o 2 de febreiro de 2024).

  1. 1. Plano xeral do proxecto.
  2. 2. Memoria xustificativa da declaración de utilidade pública e urxente ocupación (febreiro 2024-asinado o 14 de febreiro de 2024).
  3. 3. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA).
  4. 4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2.- O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAT 132 kV evacuación PE Legre (decembro 2023-asinado o 20 de decembro de 2023)

O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada na oficina técnica de urbanismo do concello os LUNS, MÉRCORES e VENRES en horario de 10:00 a 15:00 h, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). Publicado o xoves 11 de abril de 2024 no DOG Núm 71

Prazo para remitir alegacións/achegas/opinións:12/04/2024-27/05/2024

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82, así como nas casas consistoriais de Oza-Cesuras e Mesía.

Ademais, esta documentación tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion