Servicios Sociais

Traballadora Social: Vanesa Ponte Sueiro

Educadora Familiar: María Begoña Rodríguez Gómez

Horario: Atención ao público de 9 a 15 horas de luns a venres

Funcións principais do Departamento:

A finalidade dos Servizos Sociais Municipais, constitúe a atención directa e especializada aos cidadáns do concello de Mesía, orientando e asesorando sobre os dereitos e prestacións que lle asisten na área do benestar social, con especial atención a aqueles que sofren algún tipo de carencia tanto de recursos persoais ou económicos, persoas con discapacidade e maiores, co obxecto de mellorar a súa calidade de vida e entorno familiar.

Este obxectivo se acada tramitando as prestacións e recursos axeitados a cada situación antes os organismos autonómicos e nacionais, e decir, mellorar a protección social en cada caso. Un exemplo é programa de Axuda a Domicilio, este desenvólvese coa finalidade de atender aos colectivos desprotexidos como son as persoas maiores, discapacitados e menores dentro do seu entorno familiar. Tamén realízase programas de Ocio e Tempo Libre para Maiores coa intención fomentar a participación e autoestima deste colectivo.

Na área da educación familiar, recóllese a atención e educación necesarias para o núcleo familiar. Funcións educativas, mediadoras e preventivas que eviten situacións de risco social ou de fraxilidade familiar.

Dende os Servizos Sociais xestiónanse:

  • Axuda á terceira idade
  • Pensións non contributivas
  • Cheques asistenciais para axuda no fogar
  • RISGA
  • Axudas familiares por maternidade
  • Axudas por familia numerosa
  • Atención a persoas con discapacidades