• Casa do Concello
  • Brañas da Valga
  • Albergue de Bruma
  • Muiño do Batán
  • Capela de Arxán

Noticias

Mér, 23/09/2026

O Concello de Mesía aprobou o 22/09/2026,  por Decreto de Alcaldía núm. 385/2026, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para transporte escolar durante o curso 2026-2027 coa finalidade de facilitar o desprazamento diario aos/ás estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello. A contía para atender as solicitudes é de 6.400,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2026.

A convocatoria das ditas axudas saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia 185 o 28 de setembro de 2026.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29 de setembro de 2026 e ata o 30 de outubro de 2026.


As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 23/09/2026

O Concello de Mesía aprobou, o 22/09/2026,  por Decreto de Alcaldía núm. 386/2026, as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2026-2027 coa finalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo. 

As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2026-2027.

A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2026.

A dita convocatoria saiu publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 185 o 28 de setembro de 2026.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 29 de setembro de 2026 e ata o 30 de outubro de 2026.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 07/09/2026
CONCELLO DE MESIA 26 - 27

Presentamos a programación municipal do curso 2026 - 27 que será do 1 de outubro 2026 ao 31 de maio 2027. O Concello aposta por achegar a veciñanza unha gran variedade de actividades para todas as idades, cun total de 20 actividades a elexir: 12 para crianzas e 8 para rapazada, adultos e maiores. Non te quedes sen a túa praza!

Tamén temos formación, eventos, saídas, e outros avisos. Consulta nas imaxes adxuntas.

O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN cubrindo en liña o seguinte Formulario de inscrición:  https://forms.gle/jqNVfdcr6kVCn2YBA (abriremos acceso ao formulario o 18 de setembro sobre as 9 h.)

Xov, 27/08/2026

O Concello de Mesía informa de que logo do apagón sufrido o día 25 de agosto do actual, solicitouse unha reunión coa empresa prestadora do servizo para poder achegar información á veciñanza. A dita reunión tivo lugar hoxe día 27 ás 9:00 horas.

A liña que non funcionaba daba servizo a UDESA pero non era desta compañia senón de FENOSA (UFD distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy), habendo outra alternativa non se puido usar porque leva varios meses inoperativa, motivo polo cal pode volver a pasar. 

Dende o concello reclamaremos a quen corresponda a garantía dun subministro eficiente e en debidas condicións como corresponde ao tempo en que vivimos, sea empresas ou Administración Autonómica competente na materia.

Que poden facer facer os veciños e veciñas como usuarios?

UDESA pón a disposición dos usuarios/as  un enlace específico na súa páxina web para a presentación de reclamacións pola incidencia dos días 25 e 26 de agosto.

Todos/as aqueles que queiran presentar unha reclamación  polos danos poden acceder á este enlace https://udesa.es/peticiones e cubrir os datos no formulario de "Reclamaciones incidencias 25 y 26 de agosto de 2026". Non é obrigatorio cubrir o campo de referencia catastral e poden adxuntar os documentos que consideren oportunos (fotos, facturas, etc). É importante que adxunten a última factura ou que sinalen o CUPs correspondente (está na factura pola parte de atrás).

Lembren que todos aqueles que teñan un seguro deben darlle o código que lles chegará o email despois de presentar a reclamación a UDESA.

Para aqueles que non teñan un seguro, deben presentar igual a reclamación e un perito da empresa  valorará os danos.

Dende o concello axudaremos con este trámite a aquelas persoas  que o necesiten.

As reclamacións tamén poden presentarse presencialmente nas oficinas de UDESA de Santiago de Compostela.

Adxuntamos o comunidado que nos remitiu a empresa para coñecemento dos/as veciños/as.

Máis información en "Ler máis".

Sáb, 11/07/2026
TORNEO INTERPARROQUIAL FÚTBOL 8  CONCELLO DE MESIA 2026

Abrimos prazo de anotarse para o Torneo de fútbol 8 que se celebrará en Visantoña o 1 de agosto. Recollemos inscricións dos equipos ata o día 27 de xullo. As prazas son limitadas.

Características:

  • Horario solo de mañán ou tamén de tarde en función de equipos anotados.
  • Adultos e de 16 anos en adiante.
  • Xogaremos un torneo entre parroquias. Debe haber a metade do equipo mínimo da parroquia anotada.
  • Imprescindible cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que adxuntamos a esta nova e enviala a actividades@concellodemesia.gal 
  • Sorteo do cadro e publicación dos horarios finais do Torneo será o 28 de xullo.

Páxinas