AFORO COMPLETO NO ENCONTRO LAVANDEIRAS

Mér, 05/04/2017
LAVANDEIRAS MESIA 2017

A noite do venres pasado desfrutamos dunha gran velada con moi boa compañía e co espectáculo Lavandeiras de Daboapipa.

A voz de Vero Rilo e a música de Carlos Quintá trasladáronnos a un pasado onde moitas mulleres eran lavandeiras de oficio. Así, por medio de historias reais, historias con sentimentos, historias alegres e historias tristes puidemos revivir a estas grandes mulleres.

Este espectáculo tivo moi boa acollida xa que se conseguíu cubrir todo o aforo.

 

Galería de imaxes da actividade: 
LAVANDEIRAS MESIA 2017
LAVANDEIRAS MESIA 2017