MÁIS DE CINCUENTA PERSOAS PARTICIPARON ESTE FIN DE SEMANA EN ACTIVIDADES
Mér, 22/03/2017
Este fin de semana máis de cincuenta persoas participaron en actividades de formación no Concello de Mesía.
Así o sábado 18 finalizou o CURSO DE PODA E ENXERTOS (30 h) que se veu desenvolvendo ao longo dos meses de febreiro e marzo. Ese mesmo día a Casa da Cultura tamén acolleu unha nova edición do CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS (3 h).
Mentres tanto, na Aula de Natureza “Brañas de Valga” as persoas inscritas en CESTERÍA VIVA construíron unha cabana con varas de vimbio seguindo as indicacións de María Folgueira. Ademais disto, os e as participantes puideron crear unha árbore coa mesma técnica para levar ás súas casas. O entorno natural xunto coa boa compañía fixo que todas as persoas pasasen unha xornada amena e pracenteira.

Máis imaxes destas actividades no Facebook Xuventude Concello de Mesia.