O ECOBAUL DE VERÁN APRENDEU A FACER XABRÓNS E LICORES A 30 PERSOAS

Mér, 13/07/2016
TALLER DE LICORES

15 persoas aproveitaron o 2 de xullo para aprender a realizar xabróns naturais cun taller práctico co que se iniciaron na formulación e elaboración de xabóns cosméticos con un ph axeitado á nosa pel. Todos eles foron elaborados a partir de materias primas naturais.

O 12 de xullo foi o turno do obradoiro de licores, con máis de 15 asistentes, para a elaboración de xeito natural de licores de frutas, café e crema. Tratáronse distintos métodos: destilación, maceración e infusión.