Operativo de entrega de mascarillas COVID-19

Concello de Mesía
Mar, 07/04/2020

INFORMACIÓN DE INTERESE LOITA CORONAVIRUS

Inicio do operativo de entrega de mascarillas cirúrxicas por parte do concello en tódolos domicilios, e debido a limitación do material sanitario, no reparto priorizaráse entre ás persoas máis fráxiles axudando a reducir e minimizar o risco máximo de contaxio, e decir, ás persoas máis vulnerábeis ou en situación de emerxencia. A súa vez os empregados municipais comprobarán calquera incidencia ou dúbida que os nosos veciños queiran trasladarlle.

Artéllase un sistema mixto de reparto domiciliario e segundo vaiamos conseguindo máis mascarillas deixaránse nas Oficinas Municipais en horario de 09 a 14 horas. Prégase chamar antes para asegurar a dispoñibilidade do material sanitario.

As mascarillas de tela doadas pola Mancomunidade de Ordes deixaranse nos establecimentos de uso público.

Ante a celebración da Semana Santa, non se alterará o protocolo de desinfección dos locais en días alternos. Os contedores de residuos sólidos son desinfectados pola empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo.

Aínda así nas zonas máis concurridas tamén desinfectaremos con asiduidade.

Estamos chamando ás persoas maiores das que temos contacto dende o teléfono 699453750, para comprobar cómo están e se precisan de algo, aínda que só sexa falar. Este mesmo número pódese utilizar para calquer emerxencia  que observedes no caso no que o concello este pechado (polos días festivos).

É importante sinalar que as compras diárias de alimentación, farmacia, emerxencia seguímolas xestionando a través dos servizos sociais, nos teléfonos de costume que xa coñecedes 981687001 (concello), 981687238 (ss.sociais)

Coma sempre recurrimos aos vecinos para que nos comuniquen calquera necesidade que observen, sexa propia ou allea. Tamén consideramos importante que se coñecen xente que viva sóa que a chamen para saber dela, e importante o labor de todos/as e sempre pode haber alguén a quen non chegamos.

Imprimimos fichas ou calquera material escolar que precisedes. Solo tedes que facérnolo chegar ao email: correo@concellodemesia.gal, en asunto poñede a palabra IMPRIMIR xunto coa vosa dirección e teléfono. Por outra banda se precisades axuda para procurar material de reforzo ou sinxelamente de entretemento para os/as peques, tamén podedes pedílas.

Web: concellodemesia.gal

Facebook: xuventude mesia

 #quedanacasa

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas

Galería de imaxes: