Organización do Goberno

O edicto de organización municipal foi publicado no BOP o 15 de xullo de 2019. Pode consultarse premendo aquí.

De conformidade co disposto no Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, e na Lei 7/1985, do 2 de abril, dáselle publicidade ás seguintes resolucións da Alcaldía:

Decreto 209/2019, do 20 de xuño: Designación membros da Xunta de Goberno Local:

“D. MARIANO IGLESIAS CASTRO, alcalde do Concello de Mesía, A Coruña, á vista do preceptuado nos artigos 20.1.b) e 23.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 65.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e 52.1 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, sendo competencia do alcalde o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO.–Nomear como membros da Xunta de Goberno Local aos seguintes señores/as concelleiros/as:

  • D.ª Pilar Sánchez Ulloa.
  • D. Gervasio Sánchez Barreiro.
  • D. José Pardo Álvarez.

SEGUNDO.–Notificar persoalmente aos designados o seu nomeamento e proceder á publicación deste decreto no BOP.

TERCEIRO.–Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre dos nomeamentos sinalados para o seu coñecemento e efectos oportunos.”

Decreto 210/2019, do 20 de xuño: Nomeamento tenentes de alcalde:

“D. MARIANO IGLESIAS CASTRO, alcalde do Concello de Mesía, á vista do preceptuado nos artigos 20.1.a), 21.2 e 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 62.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e 46.1 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, sendo competencia do alcalde o nomeamento dos tenentes de alcalde.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO.–Nomear como tenentes de alcalde aos seguintes concelleiros, membros da Xunta de Goberno Local, na orde que se determina:

  • Primeira tenente de alcalde: D.ª Pilar Sánchez Ulloa.
  • Segundo tenente de alcalde: D. Gervasio Sánchez Barreiro.
  • Terceiro tenente de alcalde: D. José Pardo Álvarez.

SEGUNDO.–Notificar persoalmente aos designados o seu nomeamento e proceder á publicación deste decreto no BOP.

TERCEIRO.–Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre para o seu coñecemento.

Decreto 231/2019, do 4 de xullo: Designación Concellerías:

“D. MARIANO IGLESIAS CASTRO, alcalde do Concello de Mesía (A Coruña), de conformidade cos artigos 43.3 e 44 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO.–Efectuar as delegacións xenéricas nos/as señores/as concelleiros/as que a continuación se sinalan relativas ás seguintes áreas:

  • CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA, IGUALDADE E XUVENTUDE: Dª Pilar Sánchez Ulloa.
  • CONCELLERÍA DE DEPORTE: D José Manuel Blanco López.
  • CONCELLERÍA DE REDE VIARIA, ÁREAS RECREATIVAS E XARDÍNS: D Gervasio Sánchez Barreiro.
  • CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE: D. José Fernando García Lesta.

SEGUNDO.–As citadas delegacións comprenderán a dirección e xestión dos servizos correspondentes, pero non inclúe a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

TERCEIRO.–Notificar ós designados os seus nomeamentos e proceder a súa publicación no BOP.

CUARTO.–Dar conta ó Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.

Decreto 232/2019, do 4 de xullo: Delegacións na Xunta de Goberno Local:

“D. MARIANO IGLESIAS CASTRO, alcalde do Concello de Mesía (A Coruña), en uso das facultades que me confiren os artigos 21.3 e 23.2.b) da Lei 7/1.985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 43.2, 44 e 112 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO.–Delegar na Xunta de Goberno Local, as seguintes competencias: O outorgamento de licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ó Pleno, ditar ordes de execución e tomar coñecemento das comunicacións previas en materia urbanística ou de exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial.

SEGUNDO.–Fixar o xoves como día de celebración das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local, ás 8:30 horas, cunha periodicidade quincenal. Se o día de celebración da sesión ordinaria fose inhábil trasladarase ó día hábil seguinte, sen prexuízo de que cando as circunstancias o xustifiquen, puidera trasladarse a celebración das sesións da Xunta de Goberno Local ó día hábil máis próximo que se acordase cos seus membros.

TERCEIRO.–Dar conta do presente decreto á Xunta de Goberno Local e ó Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.”

Acordo plenario de determinación de cargos con dedicación exclusiva, retribucións e asistencias dos membros da corporación local.

Pode consultarse premendo aqui

O Pleno do concello de Mesía, en sesión extraordinaria celebrada en data 9 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo de determinación de cargos con dedicación exclusiva, retribucións e asistencias dos membros da corporación local:

“PRIMEIRO.–O recoñecemento e aprobación da dedicación exclusiva para os seguintes cargos, coas seguintes retribucións:

  • Alcaldía: 38.616,06 €, distribuídos en catorce pagas anuais.
  • Concellería de educación, cultura, igualdade e xuventude: 24.617,04 €, distribuídos en catorce pagas anuais.

As anteditas retribucións variarán segundo o fagan as retribucións dos funcionarios públicos nas Leis de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra que as determine.

SEGUNDO.–Dar de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social ao Sr. alcalde e á Sra. concelleira, con efectos dende a data da súa toma de posesión, o 15 de xuño, asumindo o Concello de Mesía o pago das cotas empresariais que correspondan conforme a lei.

TERCEIRO.–Os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva ou parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva á sesións dos órganos colexiados da Corporación nas seguintes contías:

  • Plenos: 50 € por sesión a cada membro.
  • Xuntas de Goberno Local: 100 € por sesión para cada membro.
  • Comisións Informativas: 90 € por sesión para cada membro.

CUARTO.–Publicar o presente acordo no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello.”

Acordos plenarios de periodicidade de sesións e delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local.

Pode consultarse premendo aqui

O Pleno do concello de Mesía, en sesión extraordinaria celebrada en data 9 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo de creación de Xunta de Goberno Local e delegación de competencias na mesma:

“PRIMEIRO.–Acordar a creación da Xunta de Goberno Local e fixar unha periodicidade quincenal para a celebración das súas sesións, no día e hora que estableza o Sr. alcalde.

SEGUNDO.–Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias:

  • O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación nas materias de competencia plenaria.
  • A declaración de lesividade dos actos do Concello.
  • A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento –salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior–, todo isto de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
  • As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, cando, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, sexan competencia do Pleno por non corresponder á Alcaldía.
  • As competencias para celebrar contratos privados, a adxudicación de concesións sobre os bens da Corporación e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxetos á lexislación patrimonial así como a enaxenación do patrimonio, cando, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, sexan competencia do Pleno por non corresponder á Alcaldía, coa salvedade dos bens declarados de valor histórico o artístico calqueira que sexa o seu valor.
  • A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos no orzamento.

TERCEIRO.–De conformidade co disposto polo artigo 51.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, as anteditas delegacións terán efectos dende o día seguinte á adopción deste acordo, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.”

Así mesmo, o Pleno do concello de Mesía, en sesión extraordinaria celebrada en data 9 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo de periodicidade das sesións plenarias:

“ÚNICO.–As sesións plenarias ordinarias terán unha periodicidade bimensual, celebrando sesión o primeiro venres dos meses pares, ás 13.30 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial. Se o día de celebración do Pleno ordinario fose inhábil trasladarase a data de celebración do mesmo ó venres hábil inmediatamente posterior, sen prexuízo de que cando as circunstancias o xustifiquen, previo acordo de todos os grupos municipais, puidera trasladarse a celebración da sesión plenaria ordinaria ao día hábil máis próximo que se acordase.”

Mesía, 10 de xullo de 2019.

Asdo.: Mariano Iglesias Castro