PRÓXIMAS ACTIVIDADES E EVENTOS PARA ABRIL E MAIO

Lun, 02/04/2018
ABRIL E MAIO MESIA 2018

Lembramos as actividades e eventos que celebraremos nestes próximos meses de primavera 2018 no Concello de Mesía.

Máis información clicando neste enlace.

ABRIL

DÍA 11: OBRADOIRO DE "PARENTALIDADE POSITIVA"

Neste taller práctico, as familias coñecerán as bases da crianza con respecto, e achegaranse estratexias e ferramentas que nos axudarán no día a día.

DÍA 21: RUTA SENDEIRISMO E VISITA  CASA MUSEO DO PATRÓN (LALÍN)

Ruta circular de nivel medio de 15 quilómetros (sobre 4 horas andando). Importante: Levar calzado axeitado, auga, e chuvasqueiro ou gorra se fose preciso. Prezo: 15 €. Inclúe bus, comida e visita na Casa Museo á tarde.

DÍAS 6-13-20-27: SAÍDAS AO BALNEARIO

Unha vez máis, o programa “Deporte é Saúde” oferta as saídas ao Balneario de Brión para todas as persoas que estean empadroadas no concello.

MAIO

DÍA 3: CHARLA SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

A Asociación Sarela falaranos do dano cerebral adquirido por causas como os Ictus ou os traumatismos craneoencefálicos. Destinada a persoas coidadoras interesadas e profesionais do SAF.

DÍA 17 E DURANTE O MES: PROGRAMA "LER CONTA MOITO" E "CERTAME DE BANDA DESEÑADA".

DÍA 19: FESTA DOS MAIORES