Noticias

Xov, 27/08/2026

O Concello de Mesía informa de que logo do apagón sufrido o día 25 de agosto do actual, solicitouse unha reunión coa empresa prestadora do servizo para poder achegar información á veciñanza. A dita reunión tivo lugar hoxe día 27 ás 9:00 horas.

A liña que non funcionaba daba servizo a UDESA pero non era desta compañia senón de FENOSA (UFD distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy), habendo outra alternativa non se puido usar porque leva varios meses inoperativa, motivo polo cal pode volver a pasar. 

Dende o concello reclamaremos a quen corresponda a garantía dun subministro eficiente e en debidas condicións como corresponde ao tempo en que vivimos, sea empresas ou Administración Autonómica competente na materia.

Que poden facer facer os veciños e veciñas como usuarios?

UDESA pón a disposición dos usuarios/as  un enlace específico na súa páxina web para a presentación de reclamacións pola incidencia dos días 25 e 26 de agosto.

Todos/as aqueles que queiran presentar unha reclamación  polos danos poden acceder á este enlace https://udesa.es/peticiones e cubrir os datos no formulario de "Reclamaciones incidencias 25 y 26 de agosto de 2026". Non é obrigatorio cubrir o campo de referencia catastral e poden adxuntar os documentos que consideren oportunos (fotos, facturas, etc). É importante que adxunten a última factura ou que sinalen o CUPs correspondente (está na factura pola parte de atrás).

Lembren que todos aqueles que teñan un seguro deben darlle o código que lles chegará o email despois de presentar a reclamación a UDESA.

Para aqueles que non teñan un seguro, deben presentar igual a reclamación e un perito da empresa  valorará os danos.

Dende o concello axudaremos con este trámite a aquelas persoas  que o necesiten.

As reclamacións tamén poden presentarse presencialmente nas oficinas de UDESA de Santiago de Compostela.

Adxuntamos o comunidado que nos remitiu a empresa para coñecemento dos/as veciños/as.

Máis información en "Ler máis".

Sáb, 11/07/2026
TORNEO INTERPARROQUIAL FÚTBOL 8  CONCELLO DE MESIA 2026

Abrimos prazo de anotarse para o Torneo de fútbol 8 que se celebrará en Visantoña o 1 de agosto. Recollemos inscricións dos equipos ata o día 27 de xullo. As prazas son limitadas.

Características:

  • Horario solo de mañán ou tamén de tarde en función de equipos anotados.
  • Adultos e de 16 anos en adiante.
  • Xogaremos un torneo entre parroquias. Debe haber a metade do equipo mínimo da parroquia anotada.
  • Imprescindible cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que adxuntamos a esta nova e enviala a actividades@concellodemesia.gal 
  • Sorteo do cadro e publicación dos horarios finais do Torneo será o 28 de xullo.
Xov, 09/07/2026

O Concello de Mesía aprobou o 09/07/2026, por Decreto de Alcaldía núm. 290/2026, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2026 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar. O extracto da dita convocatoria saíu publicada hoxe, 14/07/2026, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 15 de xullo e finalizará o 31 de decembro de 2026.

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 02/07/2026

O Concello de Mesía publica as listas definitivas de admitidos/as-excluídos/as e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia "Os Camiños" para o curso 2026-2027.

O prazo de matrícula será do 6 ao 17 de xullo do actual, ambos os dous inclusive.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 22/06/2026
ANDAINA POPULAR CONCELLO DE MESÍA 2026: CUMBRAOS E CASTRO

INFORMACIÓN DO DÍA 28 DE XUÑO DE 2026 Andaina e circuito infantil:

10:30 horas_ Quedada para dorsais LOCAL SOCIAL FACHAS, CUMBRAOS.
11:00 horas_ Saída da Andaina popular de 7 kms e  de 2 kms para nenos/as.

12:30 horas_ Circuito de  CARREIRAS para varias categorías menores. (De 0 a 12 anos).

13:00 horas_ Entrega medallas e agasallos participantes.

 

Remataremos con pinchos de confraternización da xente deportista participante.

 

Dom, 21/06/2026

Chega o verán e desde o Concello de Mesía preparamos unha programación cargada de movemento, deporte e lecer para a rapazada (e non tan rapazada!). Xa comezamos esta finde co curso de Pickelball co cal estreamos a nova MULTIPISTA MATA-XANCEDA, que suma tamén deportes coma o minifutbito e o basquet 3x3. Novo lugar de encontro para a mocidade e rapazada!!

Agora abrimos as inscricións para dúas grandes citas que non te podes perder: unha saída de aventura en kaiak e praia,  e unha viaxe de cine ao Marineda City. 

As prazas son limitadas e asignaranse por estricta orde de chegada a través dos formularios en liña. ¡Consulta toda a información e reserva a túa praza!

Xov, 18/06/2026

O Concello de Mesía publica as listas de admitidos/as e de agarda nas quendas do Campamento de Verán 2026.

No caso de detectar calquera erro nos listados publicados, deberá comunicarse a través do teléfono 699 453 750 antes do día 26 de xuño de 2026, co fin de proceder á súa revisión e, se é o caso, á súa corrección.

Máis información "Ler máis".

Mar, 16/06/2026

 

 

O Concello de Mesía publica a aprobación das listas provisionais de admitidos/as-excluídos/as e de agarda das prazas no Punto de Atención á Infancia Os Camiños para o curso 2026-2027. 

Máis información en "Ler máis".

Lun, 15/06/2026
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE VERÁN 2026 Concello de Mesía

Temos programadas actividades diversas para todas as idades: campamento de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, saídas a praia ao aquapark, multiaventura e de sendeirismo. Gozaremos de actuacións variadas e dos eventos deportivos IV Andaina Popular e Torneo de fútbol interparroquial, e como non,  a festa da auga.

Xa está aberto ESTE FORMULARIO https://forms.gle/um44fwz6RhLqYLGN7 imprescindible para anotarse.

Lun, 08/06/2026

 

O  Concello de Mesía publica a VALORACIÓN TOTAL DEFINITIVA do proceso de selección do alumnado-traballador para o obradoiro de emprego Brañas do Illó - Río Samo VIII.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas