Pazo de Recelle

Esta casa foi construída no século XVII por D. Antonio Varela do Barreiro e Dona Inés Fernández Marzoa. A edificación é unha grande casa solariega que conserva un escudo no que se aprecian as faicas e as torres dos Ribera ou Puga, a roda de Santa Catalina dos Varela, a casa dos Espantoso e tres flores de lis. Os señores de Recelle foron os fundadores en 1650 da capela de Nosa Señora de Arxán, situada na mesma parroquia. Esta capela posúe un retablo de estilo neoclásico de 1776, restaurado na actualidade, ao igual que a totalidade do edificio.

 

Pazo de Recelle