A superficie municipal é de 106,8 Km2 e unha poboación de 2.732 habitantes o que leva a unha densidade de poboación de 25,58 hab./ Km2 en 20 núcleos de poboación distribuídos en 12 parroquias.
Táboa de número de habitantes por parroquia (a 12/08/2015)
No ano 1.836 Mesía tiña unha poboación de 2.751 habitantes aumentando progresivamente ata o 1960, ano no que chegou a contar 6.306 habitantes de feito e no que empeza o descenso situándose a data actual en 2.732 habitantes (esquema).
Fonte: Instituto Nacional de Estadística
A este descenso da poboación, ademais dos fenómenos migratorios, habería que engadirlle unha dinámica claramente negativa froito dun descenso da natalidade. A día de hoxe, o avellentamento patentízao unha porcentaxe do 34 % de maiores de 64 anos e tan só un 8 % de menores de 15 anos.
Hai que sinalar que segundo datos do primeiro semestre do ano 2015, tras moitos anos de descenso da poboación debido maioritariamente ás defuncións acaecidas, o número de nacidos é superior ao número de defuncións.
Pirámide xeracional municipal
Indicadores demográficos municipais
Fonte: Instituto Galego de Estadística e Concello de Mesía
Movemento natural da poboación municipal
Fonte: Rexistro Civil do Concello de Mesía
Economía
A actividade económica do Concello de Mesía está dominada polo sector primario e é o subsector pecuario o que marca as pautas paisaxísticas e do aproveitamento.
A superficie total das explotacións é de 6.518 hectáreas e a superficie agrícola utilizada (SAU) son 5.393 hectáreas, utilizando un 41 % para pastos permanentes e un 4 % a barbeito e hortas familiares.
INE. Censo Agrario 2009
INE. Censo Agrario 2012
Aproximadamente un 78% destas hectáreas están en réxime de propiedade e só arredor un 17% en arrendamento.
Con datos de marzo do ano 2015, pódese dicir que a agricultura é un dos sectores con máis ocupados por sector de actividade cun 34%, seguida da industria cun 17%, e por último a construción (8%); sendo o sector servizos o que presenta maiores afiliacións en alta laboral por sectores, un 41%.
A principal economía deste concello é a gandería. Con máis de 354 explotacións agropecuarias censadas, Mesía é un dos concellos da provincia da Coruña con maior número de cabezas de gando vacún, total de bovinos 12.762 (Datos período 2012 do Instituto Galego de Estatística). É preciso destacar a alta mecanización que se está a levar a cabo no sector, que cada vez é máis competitivo e ten mellores rendementos.
As principais industrias deste concello son as industrias cerámicas, que explotan un abundante recurso que existe na zona, o barro, e dedícanse á fabricación de tella curva e de ladrillo.
A actividade económica do concello completaríase cunha serie de pequenas e medianas empresas, entre as que cabe salientar as dedicadas á fabricación de mobles, estruturas metálicas, elaboración de pan e repostería, derivados lácteos e outras pertencentes ao sector servizos.
En Mesía, unhas 10.344 hectáreas pertencen a solo de natureza rústica e 464 a solo de natureza urbana, das que un 94,6% son parcelas edificadas a maioría con vivendas familiares principais, locais e vivendas familiares compartidas con locais. Ministerio de Economía y Hacienda, Dirección General del Catastro 2014.
Demografía