Persoeiros

Felipe Armesto
Categoría: xornalista e escritor
Data e lugar de nacemento: 20 de abril de 1906 en San Martiño da Mezquita (Ourense)
Data e lugar de falecemento: 2 de febreiro de 2002 en Xanceda - Mesía (A Coruña)
 

Felipe Fernández Armesto respondía ao pseudónimo de Augusto Assía. A súa vida estivo ligada aos conflitos e aos focos informativos máis importantes do mundo.

 
Mª Victoria Fdez. España y Fdez. Latorre (Victoria Armesto)
Categoría: xornalista e escritora
Data e lugar de nacemento: 12 de xuño de 1925 na Coruña
Data e lugar de falecemento: 10 de xuño de 1999 en Madrid
 

María Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre naceu en 1925 no vello caserón de La Voz de Galicia da Coruña. A súa nai era filla do fundador, Juan Fernández Latorre.

 
Benigno Andrade "Foucellas"
 
Data e lugar de nacemento: o 22/10/1908 na aldea das Foucellas, en Cabrui.
Data e lugar de falecemento: o 26/07/1952 na Coruña
 

Benigno Andrade García, Foucellas, foi un dos guerrilleiros máis coñecidos, senón o que máis, da loita antifranquista en Galicia. Viviu corenta e catro anos, dos que dezaseis pasounos "escapado" no monte.

 
Antonio Gómez Carneiro

Antonio Gómez Carneiro natural do Pino e veciño de Mesía. Foi alcalde de Mesía durante a república. Estivo no cárcere durante moitos anos por ser republicano e por axudar á cuadrilla de Foucellas.

 
Antonio Bieito Fandiño Martínez

Categoría: xornalista e escritor
Data e lugar de nacemento: 1779 en Santa Mariña de Albixoi
Data e lugar de falecemento: 1831 no Canal de Castilla

Foi regresor do bandoleirismo no 1809 e, máis tarde, encarceado a causa do descontento pola realización da súa actividade. Dende entón, sufriu unha serie de encarceramentos que durarían toda a súa vida.

Compuxo A Casamenteira, obra que forma parte da nosa literatura por ser a primeira peza dramática do século XIX que se conserva.

 
Unha Santa en Mesía
A Nai María Clara del Niño Jesús foi en realidade Liébana del Carman Galvao Mexía de Moura Telles y Alburquerque quen, como o seu propio apelido indica, remonta as súas orixes xenealóxicas ao concello de Mesía. De aquí foron seguramente os seus avós, concretamente da torre-fortaleza de Mesía.