Cunha superficie de 10,08 km2. está formada por Amande, Agualada, Bermui, Os Blancos, O Campo, As Corredoiras, O Fondo, A Fonte, A Fraga, Gandarela, Liñarcovo , O Medio, Paredes, A Pedreira, A Pobra, A Rañoa, O Regueiro, Sadornín, Tamarín, Teixoeiras, A Uceira, Vilanova e Vilariño.
Arquitectura relixiosa
Igrexa parroquial que data do século XVII, destaca pola súa total ausencia de elementos ornamentais exteriores.
No seu interior garda un coro de madeira elevado, situado aos pés, e un arco de triunfo que divide ao presbiterio da nave.
Capela de San Roque e a Virxe do Carme con elementos góticos e barrocos.
Arquitectura civil
Na aldea da Pobra atopamos as ruínas da que foi a Torre Fortaleza de Mesía. Do estilo gótico tardío ao que pertence, a día de hoxe, consérvanse parte das murallas, parte do que era o foxo, e indicios de como era a distribución do interior.
Foi mandada construír por Gonzalo Díaz de Mesía aínda que pouco máis tarde pasou a ser propiedade de Gómez Pérez das Mariñas.
Durante a revolta dos Irmandiños, no ano 1467, os campesiños, que se revelaron contra os nobres, provocaron na torre un deterioro importante. A loita continuou entre o bispo de Santiago Alonso de Fonseca e Gómez das Mariñas, pola titularidade da Torre. Todos estes conflitos foron levando a dita construción a un estado progresivo de deterioro e abandono total ata a actualidade.
Festividades e Santuarios
Na honra á Virxe do Carme, o 16 de xullo Santiago Apóstolo o 24 e 25 de xullo Santa Bárbara o 2 de decembro