Mesía (San Cristobo)

As aldeas de Alfonsín, Alvite, Amil, Areosa, Astrai, O Campo, A Castiñeira, O Cruceiro, O Curro, A Escaravelleira, Feas, Feas de Arriba, Fondo da Aldea, Gudín, A Igrexa, Leborís, O Monte, Nosiño, O Outeiro, Recelle, Sobrado, Tiñoso, A Torre e Vilar forman os 14,16 km2 que ten de superficie.

Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial, datada do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Tanto no interior como no exterior encóntrase toda recebada. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, todas estas encabezadas pola imaxe de San Cristovo. Na fachada exterior con todas estas edificacións da zona, é sinxela e sobria; só cabe mencionar os pináculos que coroan a espadana.

Arquitectura civil

En Mesía atópase o Pazo de Recelle, que data do séc. XVII, aínda que dista moito do que é un pazo pero mostra claramente a grande casa solariega que foi. Un escudo perdura na fachada. En canto á súa estrutura, é unha planta rectangular na que se pode observar dous tipos diferentes de pedra, que veñen cadrando cunha fenda na fachada, que indica que a construción foi feita en dúas veces. Nestas inmediacións atoparemos tamén un hórreo de tres cepas e unha fonte cunha pía de cantería.

Santuarios e festividades

As Misas, na fin de semana despois de Corpus San Cristobo, segunda fin de semana de xullo Na honra á Virxe das Mercedes os días 8 e 9 de setembro A “Romaría dos Quintos” o día 24 de setembro

 

Mesia 1
Mesia 2
Mesia 3
Mesia 4
Mesia 5
Mesia 6
Mesia 7
Mesia 8
Mesia 9
Mesia 10
Mesia 11
Mesia 12
Mesia 13
Mesia 14
Mesia 15
Mesia 16