Auditorio

O Auditorio municipal do Concello de Mesía, atópase englobado dentro do complexo da Casa de Cultura de Xanceda:

  • Enderezo: Xanceda s/n - Mesía - 15685 - A Coruña
  • Teléfono: 981 687 241

Trátase dun espazo versátil, perfectamente preparado ao longo de todo o ano para xuntanzas, acontecementos musicais, exposicións, convencións, reunións de empresa, actos sociais, actividades de formación, e calquera outro tipo de actividade que se poidera encaixar no seu espazo.

Conta do seguinte Equipamento:

  • Videoproxector con pantalla de formato amplio
  • Mesa e atril para os poñentes
  • Sistema de son
  • Decenas de cadeiras para os asistentes.