Biblioteca

A Biblioteca Municipal do Concello de Mesía, atópase englobada dentro do complexo da Casa de Cultura de Xanceda:

  • Enderezo: Xanceda s/n - Mesía - 15685 - A Coruña
  • Teléfono: 981 687 241
  • Horario: Luns a Venres de 10:30 horas até as 13:30 horas é de 16:00 horas até as 19:00 horas.

A biblioteca municipal é unha institución que ten por finalidade facilitarlle aos cidadáns o exercicio do dereito á cultura e á información, divulgar a lectura e promover especificamente a lingua e cultura galegas. Para elo, presta os seguintes servizos:

  • Información bibliográfica
  • Consulta en sala, lectura e xornais
  • Préstamo a domicilio
  • Sección infantil-Xuvenil
  • Conexión a internet

A biblioteca está a día de hoxe integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia que a través o Programa Internet nas bibliotecas públicas permite a conexión e o de acceso a Internet de banda ampla e con redes de área local con extensión inalámbrica, o que permite conectar a internet aos visitantes a través dos seus propios equipos portátiles.

Periodicamente realízanse moitas actividades de fomento da lectura coma Conta Contos, Talleres de Lectura.

Conta co seguinte equipamento:

  • 2 ordenadores
  • 1 impresora
  • 1 scaner
  • Acceso a internet de banda ampla a través de ADSL