Aula Informática

A Aula de Informática do Concello de Mesía, atópase englobada dentro do complexo da Casa de Cultura de Xanceda:

  • Enderezo: Xanceda s/n - Mesía - 15685 - A Coruña
  • Teléfono: 981 687 241
  • Horario: Luns a Venres de 10:30 horas até as 13:30 horas é de 16:00 horas até as 19:00 horas.

A Aula de Informática vén a ser un servizo que se oferta a todos os veciños do concello para facilitar e achegar o mundo da Informática e o da información dispoñible na internet.

Ao longo do curso escolar, realízanse moitos cursos e actividades de alfabetización dixital así como programas de aprendizaxe das novas tecnoloxías, dirixidos a colectivos de adultos e nenos para ensinalos a vivir nun novo contorno dixital e facer máis democrático o acceso á rede.

Conta do seguinte Equipamento:

  • 15 PC's, con Monitor TFT
  • 1 Impresora Laser
  • Acceso a internet de banda ampla a través de ADSL