70 PARTICIPANTES NA ANDAINA E CARREIRAS POPULARES 2023

Mar, 25/07/2023
ANDAINA POPULAR 2023 - Concello de Mesía

O sábado 22 de xullo celebramos con 70 persoas a Andaina popular de 5 quilómetros no entorno de Hospital de Bruma, así coma un percorrido alternativo de 3 K para nenos e nenas que viñeron con bicis e carritos. Ao rematar fixemos as Carreiras de menores cun circuito de axilidade. A metade dos deportistas quedaron a comer en CASA GRAÑA, colaboradora do evento. Repartíronse augas, unha bolsa de agasallo e ademáis medallas para nenos e nenas.

O Concello de Mesía ven de organizar este evento deportivo sustituindo a Carreira popular e dando así unha maior resposta a unha participación da veciñanza co deporte municipal. Tralo éxito desta primeira edición, contamos facer este evento de novo o próximo verán sobre estas datas.

Aproveitamos tamén esta xuntanza para facer a despedida do curso do GRUPO DE SENDEIRISMO MUNICIPAL que fixo, so neste 2023, catro Rutas de sendeirismo de marzo a xuño, agora pararemos en agosto e retomamos quedadas en Setembro. A principios de mes co Roteiro teatral e ao final con Ruta pola costa. Toda a veciñanza queda invitada a participar nestas saídas de confraternización e de actividade física e saúde.

Galería de imaxes: 