9 SETEMBRO "MESÍA ACTIVA": ROTEIRO, XOGOS E CEA CAMPESTRE

Ven, 25/08/2023
MESÍA ACTIVA - Colabora Concello de Mesía

O sábado, 9 de setembro, no marco do programa 'Terra Activa', terá lugar a celebración de Mesía Activa, no Concello Mesía.

15:00 h: Roteiro teatral da man da Asociación Raíña Paraíso, en grupos, a xente irá pasando e desfrutando de distintas representacións curtas que nos levarán a época dos nosos avós, o roteiro irá do Vilar á Raiña na parroquia de Cabrui ( un bus levará o inicio do roteiro a cada grupo).

A partir das 17:00 h. O campo da Raiña acollerá xogos e obradoiros para grandes e pequenos.

Ás 21:00 horas, teremos cea campestre (filloas, lacón, queixo..).

INSCRICIÓN: Dende hoxe mesmo reservas nos 693747500- 660873949, para o ROTEIRO 10€ maiores ( nenos/as ata 10 anos gratis), para a CEA CAMPESTRE 12€ persoa, 5€ nenos/as ata 10 anos. O pago farase na conta ES20 2080 0024 1530 4002 1038. enviar recibo de pago a: roteiroteatralmesia@gmail.com

MOI IMPORTANTE:  Podedes vir polo campo da Raiña e desfrutar dos xogos e obradoiros a partir das 17:00h entrada libre pero para o roteiro e a cea tedes que anotarvos antes para poder participar.

Colabora Concello de Mesía