ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS IX CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE MESÍA 2019

Xov, 20/06/2019
CARTEL CARREIRA POPULAR 2019

Finalizado o prazo de inscricións para as Carreiras populares Concello de Mesía 2019  o 1 de agosto. Non se admitirán inscricións o día da Proba.

 

Información do evento:

HORARIOS do sábado 3 de agosto

17:30 h. - 18:30 h. Recollida de dorsais (para todas as carreiras).

19:00 h. MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESÍA (6 kms).

19:05 h. IX CARREIRA CONCELLO DE MESÍA (12 kms)

20:15 h. CARREIRAS DE BASE (resto de categorías) comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.

 

CARACTERÍSTICAS: Saída e chegada: Campo de fútbol de Visantoña. Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Avituallamento na de 12 km. Haberá algo para picar ao rematar o evento.

 

CATEGORÍAS E DISTANCIAS:

CATEGORÍAS DE BASE:

Pitufos-as: 0 a 5 anos_200 m.     

Benxamíns: 6 a 9 anos_800 m.

Alevíns: 10 a 13 anos_1.600 m.   

Cadetes: 14 a 17anos_3.000 m.

VIII CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS

Senior: 18 a 34 anos.                       

Veteranos-as A: 35 a 44 anos.       

Veteranos-as B: 45 a 54 anos.        

Veteranos-as C: 55 a 64 anos. 

Veteranos-as D: 65 en adiante.

MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS

Senior: 17 a 34 anos.                     

Veteranos-as A: 35 a 49 anos.

Veteranos-as B: 50 en adiante.

PREMIOS: Trofeos aos tres primeiros de cada categoría, aos 1º/1ª da Xeral da Carreira e tamén ao/a corredor/a de maior idade (independentemente sexa feminino ou masculino), e medallas tamén para todos os das categorías de base.

COLABORADORES: Carpintería Ramón García, Coca Cola, Argal, Correr en Galicia, Club de atletismo de Ordes, Cerámica Verea, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Panadería Pérez, Froitería A Nova, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería A Tilleira, Restaurante Manteiga, Panadería Abellá, Cerámica Campo, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Artesáns de Ordes, Restaurante Canaima, Progando, Grupo Presedo, Atlética a Silva, Panadería Pedro Fernández de Herves, Abanca, Eroski, Carnicería Enrique, Larsa, Asociación Provincial de Protección Civil, Veciños de Olas, Visantoña e Mesía.