ABERTO PRAZO CAMPAÑA NEVE 2024

Mar, 14/11/2023
CAMPAÑA NEVE DEPUTACIÓN CORUÑA 2024

A Deputación da Coruña pon en marcha a saída de ESQUÍ na Estación de VALGRANDE - PAJARES (Asturias).

Nesta campaña ao CONCELLO DE MESÍA correspóndenlle 4 PRAZAS na 6ª quenda: 16 ao 19 de febreiro.

PRAZOS:

Inscricións no Concello ata o 1 de decembro. (Adxuntamos FICHA de inscrición).

Sorteo o 4 de decembro.

INFORMACIÓN XERAL:

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros).

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.