ABRE PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS TORNEOS SOLIDARIOS DE FÚTBOL SALA
Mar, 05/12/2023
O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria no Pavillón de Olas. VI Torneo Infantil de Fútbol Sala 'Mesía Solidaria' e o XIII 'Mesía contra o cancro'.
VI TORNEO INFANTIL "MESÍA SOLIDARIA" Será o 22 de decembro pola tarde. Servirá para recadar cartos en beneficio da Asociación de Persoas con Discapacidade AMARAI, radicada en Boimorto.
PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA: doazón de 2€ para AMARAI. As doazóns recolleraas directamente a Asociación no propio pavillón.
Haberá tres categorías: MINI 6 a 8, BASE 9 -11 e MAXI 12 a 14 anos. Para xogar na categoría superior, deberán ter autorización nos pais/nais ou titores.
AVISO: Se non hai suficientes rapaces/zas, na categoría MINI poderá xogarse MESTURANDO a xogadores inscritos facendo equipos por colores, primando así a diversión ante o resultado.
Inscricións na competición: comunicar ao 609353115 (Elena) e remitir a FOLLA de inscrición a elenarocamoro@concellodemesia.gal ata o 15 de decembro.
O sistema de competición publicarémolo na web tras coñecer as equipas participantes.
XIII TORNEO FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" Pola súa parte, o XII Torneo Solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro' terá lugar o sábado 23 de decembro.
Todo o recadado destínase, como todos estes anos, á Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). A recadación será o resultante das colaboracións e patrocinios de empresas e asociacións do municipio e da contorna, as cotas de inscrición dos equipos, a venda de rifas, e as doazóns particulares. A furna para doazóns a beneficio da AECC está na Casa do Concello ata o día 21.
A inscrición por cada equipo ten un importe de doazón de 50 euros. Idade desde 15 anos en adiante.
No arquivo PRESENTACIÓN EQUIPOS tedes máis información para formalización das inscricións: remitindo a FOLLA de inscrición por correo electrónico a actividades@concellodemesia.gal ata o 15 de decembro. Existe un límite de oito equipos na categoría masculina e de catro equipos na feminina.
A entrada será de 2 € para o público adulto. Os nenos e nenas entrarán de balde.
O Concello de Mesía retoma de novo esta doble cita deportivo-solidaria no Pavillón de Olas. VI Torneo Infantil de Fútbol Sala 'Mesía Solidaria' e o XIII 'Mesía contra o cancro'.
VI TORNEO INFANTIL "MESÍA SOLIDARIA"
Será o 22 de decembro pola tarde. Servirá para recadar cartos en beneficio da Asociación de Persoas con Discapacidade AMARAI, radicada en Boimorto.
PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA: doazón de 2€ para AMARAI. As doazóns recolleraas directamente a Asociación no propio pavillón.
Haberá tres categorías: MINI 6 a 8, BASE 9 -11 e MAXI 12 a 14 anos. Para xogar na categoría superior, deberán ter autorización nos pais/nais ou titores.
AVISO: Se non hai suficientes rapaces/zas, na categoría MINI poderá xogarse MESTURANDO a xogadores inscritos facendo equipos por colores, primando así a diversión ante o resultado.
Inscricións na competición: comunicar ao 609353115 (Elena) e remitir a FOLLA de inscrición a elenarocamoro@concellodemesia.gal ata o 15 de decembro.
O sistema de competición publicarémolo na web tras coñecer as equipas participantes.
XIII TORNEO FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"
Pola súa parte, o XII Torneo Solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro' terá lugar o sábado 23 de decembro.