ACTUACIÓNS DE AMPLIACIÓN E MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN DIVERSOS PUNTOS DO TERMO MUNICIPAL

Mér, 01/12/2021
OBRA ACTUACIONS REDE ABASTECEMENTO AUGA POTABLE



O Concello de Mesía informa que realizou a obra “Actuacións de ampliación e mellora da rede de abastecemento de auga en diversos puntos do termo municipal”, cun orzamento total de 50.000,00 €, cuantía subvencionada na súa totalidade polo organismo Augas de Galicia da Xunta de Galicia e co apoio financieiro da Unión Europea a través dos fondos Feder ao abeiro da Resolución de 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións á concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.



 

ACTUACIÓNS REALIZADAS

As obras realizáronse nas parroquias de Mesía, Castro e Cumbraos. As actuacións levadas a cabo consistiron en:

1. Actuacións de ampliación da rede de abastecemento de auga potable na parroquia de Mesía mediante a instalación de tubaxe e demais accesorios necesarios para dar subministro de auga potable ao Campo de Fútbol de Mesía e a aldea de Sobrado.

2. Actuacións de mellora na E.T.A.P. e depósito:
- Construción dun novo pozo para aloxamento de válvulas.
- Conexión a tubaria impulsión e a rede de distribución mediante toma en carga.
- Implantación de melloras na comunicación entre a ETAP e o depósito consistentes na instalación dun telecontrol e unha sonda de nivel para xestión e envío de alarmas por GSM.
- Reforma do cadro eléctrico existente para o seu funcionamento, en manual, de electroválvulas de filtros, bomba de lavado, soplante e bombas dosificadoras.
- Instalación dunha nova bomba sumerxible de auga bruta.
- Modificación das tubaxes na entrada de auga ao depósito.


RESULTADOS OBTIDOS

Coa realización da dita obra conseguiuse ampliar á rede de abastecemento de auga potable municipal a outros lugares do concello que carecían da mesma dando á dita poboación un servizo básico.

Tamén se conseguiu mellorar o funcionamento do depósito de auga e da estación de tratamento de augas xa que delas depende o subministro de auga potable á totalidade da poboación municipal.