ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE ASOTRAME: 24 XULLO EN XANCEDA

Mar, 20/07/2021
ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE MESÍA 2021

Carrera Online Solidaria   -   La carrera que nunca para: kms de vida por la investigación

O Concello de Mesía organiza a súa Primeira andaina solidaria xunto coa asociación Asotrame  co fin de recadar fondos para loitar contra o cancro de médula. Será este sábado 24 de xullo ás doce da mañá, cun percorrido circular de 3.3 quilómetros que sairá da Piscina de Xanceda ata a Praza do concello e volta as piscinas.  Pregamos acudir as 11:30 h para organizar os grupos de saida escalonada.

Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes.

Para formalizar a INSCRICIÓN:

      - Entrar na web http://www.lacarreraquenuncapara.com/  e clicar en Inscríbete, buscar a Carreira Mesía e INSCRIBIRSE. Pódese coller un dorsal 0 e inscribirse cunha cuota de 3 euros ou facer un donativo. Tamén podes acceder directamente a inscrición premendo https://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/a-carreira-que-nunca-para-quil-metros-de-vida-pola-investigaci-n-carreira-solidaria-online-2021/8bde29b7-969d-553a-bc21-39fa6fb0067e/grupo-5

Haberá regalos para os/as participantes por parte do Concello de Mesía.

Toda a información da Asociación galega de trasplantados de médula ósea e onde van os fondos recadados na web  www.asotrame.com

Para quen non poida vir o sábado, pode facela ata o 31 de decembro pola súa conta. Deixaremos todo sinalizado.

Zona de saída e chegada: haberá un panel para facerse un selfie e compartirlo con nós para publicar e así para animar a participar á veciñanza. Enviar imaxe da carreira ou andaina completada a actividades@concelllodemesia.gal e recibiredes outro agasallo do concello.

 

Galería de imaxes: 
PLANO DA ANDAINA ASOTRAME 2021