Apertura Punto Limpo

Mar, 02/08/2016

O punto limpo dos concellos de Frades e de Mesía abrirá as súas portas o vindeiro mércores 3 de agosto no lugar de Alamparte, parroquia de Céltigos (Frades), que dará servizo aos veciños e veciñas empadroados en ambos municipios. Unha parcela emprazada a pé da N-634, polo que é de doado acceso tanto para os veciños de Frades como para os de Mesía. Inicialmente, os horarios de atención ao público serán os mércores, de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 12:00 a 16:00 horas.

O regulamento aprobado estipula que tipo de residuos se poderán levar ao Punto Limpo. En liñas xerais, son os residuos sólidos urbanos ou domésticos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade, tales como disolventes, aceites minerais, aceites vexetais, pilas, fluorescentes, baterías, residuos perigosos, entullos, vidro, aerosois, radiografías, restos de poda, roupa, cartón e papel, envases e residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.