AVISO: CACHARELAS DE SAN XOÁN 2021

Lun, 14/06/2021
CACHARELAS DE SAN XOÁN 2021 - Bando Concello de Mesía

O Concello de Mesía informa que quedan establecidas unha serie de medidas para evitar accidentes e así garantir a seguridade de todos/as os/as que nelas participan:

  • Prohibese a celebración das tradicionais cacharelas de san xoán en solo público municipal e espazos de titularidade municipal durante a noite do 23 ao 24 de xuño. TAMPOUCO se poderán realizar as cacharelas que interrompan ou deterioren estradas, camiños e beirarrúas.
  • Permítese a realización das cacharelas en terreos particulares respectando as condicións que se recollen no plan para a transición cara unha nova normalidade, así como as condicións xerais de todos os anos.
  • Isto afecta unicamente a aquelas cacharelas que se realicen en terreos particulares, localizadas en solos urbanos e de núcleos rurais, o día 23 de xuño,  a partir das 18.00 horas, as cales deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día seguinte.
  • Unicamente poderán realizarse aquelas cacharelas que foran comunicadas, por persoas maiores de idade, vía telefónica (981687001) ao concello ata o 22 de xuño do actual.
  • Queda prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais que conteñan na súa composición plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos, …) e, en xeral, calquera substancia que ao arder desprenda gases ou fumes tóxicos.

INFÓRMASE TAMÉN QUE NON SON OBXECTO DE REGULACIÓN POR ESTE AVISO AS COMUNICACIÓNS DE QUEIMA DE RESTOS AGRÍCOLAS AMOREADOS, NIN AS AUTORIZACIÓNS DE QUEIMA DE RESTOS FORESTAIS, COMPETENCIA QUE LLE CORRESPONDE Á XUNTA DE GALICIA.