AVISO CONTROL ACCESO PISCINAS MUNICIPAIS

Xov, 22/06/2017
PISCINAS CONCELLO DE MESIA

Debido á masificación do uso da piscina nos últimos anos e ao perigo que iso supón, establécense as seguintes normas en aras a preservar a seguridade dos/as usuarios/as:

- O 70 % do aforo da piscina estará reservado aos/ás empadroados/as e residentes en Mesía.

- A cada persoa que entre á piscina entregaráselle unha tarxeta que deberá deixar cando saia. Isto permitirá ter controlado o número de persoas que acceden á piscina e así evitar unha aglomeración excesiva.

Rogamos difusión destas Normas, xa que implica 50 prazas na piscina adultos e 15 na infantil para non empadroados. O resto para empadroados e residentes en Mesía.

 

Pode verse en "AVISO CONTROL ACCESO PISCINAS" a normativa máis detallada.

Galería de imaxes: 
AVISO CONTROL ACCESO PISCINAS MESIA 2017