O Concello de Mesía informa de que INEGA publicou no DOG núm. 56, do 19/03/2024, a convocatoria de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.
Actuacións subvencionables: a) Os paneis solares fotovoltaicos. b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de plomo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema. d) O custo de montaxe e conexionado.
Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións: - As entidades sen ánimo de lucro. - Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €, co límite do 60% do custo do proxecto para entidades sen ánimo de lucro e o 20% para empresas legalmente constituídas e autónomos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas. O prazo de solicitudes remata o 19/04/2024.
Máis información na propia convocatoria ou chamando ao teléfono 981541534 (INEGA) ou ao 981687001 (Concello de Mesía).
O Concello de Mesía informa de que INEGA publicou no DOG núm. 56, do 19/03/2024, a convocatoria de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.
Actuacións subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de plomo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e conexionado.
Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións:
- As entidades sen ánimo de lucro.
- Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.