BASES E CONVOCATORIA AXUDAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO INFORMÁTICO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Xov, 28/09/2023


O Concello de Mesía aprobou hoxe, 28/09/2023,  por Decreto de Alcaldía núm. 381/2023 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2023/2024 coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia e así promover o benestar social, contribuíndo a paliar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.


As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2023-2024.

A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2023.

prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 31/10/2023.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.