BO ENTROIDO NO CONCELLO DE MESIA 2019

Dom, 03/03/2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019

Case 300 entroideiros viviron a Festa de Entroido 2019 do Concello de Mesía o 2 de marzo.

Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, desfrutaron dunha divertida tarde con obradoiros, inflables, desfile de disfraces, agasallos e gran merenda con chocolate e rosca.

A festa comezou as 16 horas e ofreceu actividades para todas as idades. Entre as propostas preparadas, xogaron con cinco elementos inchables para os nenos e nenas ademais dunha zona para xogar peques.

Tamén tiveron un obradoiro de chapas e outro de pulseras, nos que participaron nenos e nenas de todas as idades.

O desfile de entroido comezou ás 17:30 horas. Todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados recibiron un obsequio.

Ao remate do desfile foi o momento da merenda, con rosca e chocolate para todas as persoas que se achegaron á festa.

Clicando AQUÍ ÁLBUM FOTOS ENTROIDO 2019

Galería de imaxes: 
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2019