CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN_CONCELLO DE MESÍA_XOECON 2023

Lun, 12/06/2023
CAMPA XOECON Concello de Mesía 2023

O Concello de Mesía informa de que o 14 de xuño abre o prazo para a inscrición de nenos e nenas, ata 12 anos, inclusive, no Campamento de Conciliciación do verán. 

Ofértanse 6 quendas entre o 22 de xuño e o 8 de setembro. En horario de 9:00 a 14:00 horas.

O prazo para inscribirse remata o 20 de xuño. A inscrición farase cubrindo a folla que se adxunta e achegándoa presencialmente ou por correo electrónico á casadacultura@concellodemesia.gal

Prezo: 10 €/quenda, agás a 1ª e a 6ª que serán de 5€/quenda.     Preferencia: Empadroados/as.

Máis información chamando ao 981687001, ext. 3. ou ao 981687241.