CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Xov, 11/05/2023
A Deputación da Coruña abre o prazo para que inscribirse nos campamentos deportivos que a institución vai levar durante o verán.
A proposta está dirixida á mocidade de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xuño e xullo no IES Rosalía Mera da Deputación, na cidade da Coruña, en catro quendas de 5 días de duración. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención, así coma o gasto das actividades.
Durante as xornadas de campamento, a rapazada participante poderá gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, excursións á praia e visitas culturais, deportivas e etnográficas en zonas de interese na provincia da Coruña. As actividades e xogos buscarán en todo momento fomentar a comunicación, o intercambio de experiencia, a convivencia e o respecto polos demais.
Ao Concello de Mesía correspóndelle a 2ª quenda, do 9 ao 14 de xullo, e a Deputación Provincial da Coruña concedeunos 3 prazas.
As inscricións realizaranse no concello de empadroamento e estarán abertas ata o 7 de xuño.
No suposto de ter máis solicitudes que 3, realizaremos un sorteo público o día 12 de xuño as 12:00h no concello.
Máis información no tríptico adxunto ou chamando ao concello ao 981 687 001 ext 3.